Somos un grupo de nais que defendemos a escola pública como unha comunidade educativa, participativa e de calidade, respectando valores e diferencias, polo que colaboramos co profesorado no mantemento dun ensino de calidade para os nosos nenos e nenas. Tedes a vosa disposicón a caixa de correo da ANPA (situada na entrada da escola) e o noso correo electrónico para realizar todo tipo de suxestións, queixas, etc. Este curso a cota da ANPA é de 12 euros por familia. A conta para facer o ingreso é o número 2080 0030 94 0000080099 de Caixanova.
SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR
O Colexio dispón dun servizo de comedor do que os alumnos poden facer uso de forma continuada ou ocasional, que inclúe un tempo de recreo vixiado ata as 16:00 horas. Durante o curso 2008-2009 rexirán estes prezos: COMEDOR: Menú diario 4,20 euros (4 euros desde xaneiro´09) Usuarios durante 10 ou máis días/mes, 3,20 euros (3 euros desde xaneiro´09). SERVIZO DE ALMORZO (De 8:00 h. a 9:00 h.): Prezo por día 2 euros. As solicitudes para facerse fixos e para darse de baixa deben presentarse antes do día 20 de cada mes. As baixas ou altas puntuais faranse o día anterior antes das 14:00 horas e, excepcionalmente, o mesmo día antes das 9:10 h. O pagamento dos servizos do comedor realizarase antes do día 10 de cada mes. Farase a mes vencido, na conta da ANPA nº 2091 0538 10 3040003332 de Caixa Galicia.