martes, 6 de octubre de 2009

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CURSO 2009-2010

miércoles, 17 de junio de 2009

Libro da ANPA para celebrar o XXV aniversario do colexio

(Portada do libro. Premer aquí para velo)

Remata un curso moi especial para o colexio de Laredo, pois ao longo del celebramos o seu XXV aniversario. Este acontecemento foi o motivo central de varias actividades realizadas no centro, como o Día da Música, o Entroido e a Maratón das Letras Galegas, que este ano organizou o colexio de Laredo no Paseo Marítimo de Chapela.
Para a ANPA, foi un curso moi intenso, xa que, ademais do labor ordinario, estivemos traballando na programación de distintas actividades para celebrar por todo o alto este 25 aniversario. O colofón será o xantar de convivencia do vindeiro sábado, día 20 de xuño, no colexio, entre familias, profesorado e alumnado actual e antigo, ao que seguirá a tradicional festa infantil de fin de curso con hinchables e escuma.
Ademais, a ANPA contribuíu directamente á celebración do XXV aniversario coa edición dun libro conmemorativo, realizado coa aportación económica do colexio e subvencións do Concello de Redondela, Caixanova e a Fundación Alba Torres. Tiráronse 110 exemplares personalizados coa fotografía en portada de cada un dos alumnos e alumnas do curso 2008-2009, e 65 sen personalizar, que poderá mercar quen o desexe.
Pensamos que o libro reflicte a vida, o espírito e a filosofía que guiou o noso colexio desde os seus inicios, e quixemos facer un agasallo aos nenos e nenas matriculados este curso como un bonito recordo do seu paso por el. Fixémolo con todo o noso cariño e esperamos que o disfrutedes.

¡¡FELICIDADES para todas as familias!!

martes, 3 de febrero de 2009

Balance do primeiro trimestre

Actualizamos o noso blog coa publicación da nota informativa que vos mandamos ás casas o pasado mes de xaneiro sobre algúns aspectos da vida do colexio que vos interesan. 

NOTA INFORMATIVA XANEIRO 2009

Estimadas familias:

Como sabedes, este curso conmemórase o 25º Aniversario do CEIP Laredo, motivo que está presente nos traballos e actividades da programación escolar do alumnado ao longo do curso, como é o caso do vindeiro Entroido.
Ademais, cara ao final de curso desenvolveranse distintas iniciativas para celebrar a data, como é unha exposición sobre os anos 80 e unha gran festa de fin de curso, así como a edición dun libro sobre o pasado e o presente do Colexio, de cuxa realización está encargada a Anpa. 
Para a organización destas actividades existe unha comisión conxunta entre profesorado e representantes das familias, que terá en conta calquera iniciativa ou suxestión que desexades facer ao respecto.

Camisetas conmemorativas
Encargamos tamén camisetas conmemorativas do 25º Aniversario do Colexio. O deseño realizárono os nenos e nenas de 6º curso, xa que eles, xunto coa Anpa, van ser os encargados da súa venda para financiarse a súa Excursión de Fin de Curso. 
As camisetas están á vosa disposición a un prezo de 7 Euros. As tallas van desde os 3 anos ata á XL.

Comedor
Aproveitamos esta nota para informarvos de que, debido a un axuste de prezos dos alimentos, a empresa de catering comunicounos unha baixada de 0,20 euros no prezo do menú do comedor, polo que esta comezará a aplicarse este mes de xaneiro. Deste xeito, o prezo do menú é de 4 Euros, e para o alumnado que faga uso do comedor durante 10 ou máis días ao mes, de 3 Euros.
En relación co comedor, recordámosvos que é necesario que os nenos e nenas leven o seu propio cepillo de dentes. A pasta de dentes é suministrada pola Anpa.

Obradoiro de Nadal
Por último, queremos agradecervos a grande aceptación que tivo entre as familias o Obradoiro de postales de Nadal, organizado pola Anpa o pasado mes de decembro, ao que acudiron 30 nenos e nenas.

Saúdos
A Xunta Directiva