Remata un curso moi especial para o colexio de Laredo, pois ao longo del celebramos o seu XXV aniversario. Este acontecemento foi o motivo central de varias actividades realizadas no centro, como o Día da Música, o Entroido e a Maratón das Letras Galegas, que este ano organizou o colexio de Laredo no Paseo Marítimo de Chapela.
Para a ANPA, foi un curso moi intenso, xa que, ademais do labor ordinario, estivemos traballando na programación de distintas actividades para celebrar por todo o alto este 25 aniversario. O colofón será o xantar de convivencia do vindeiro sábado, día 20 de xuño, no colexio, entre familias, profesorado e alumnado actual e antigo, ao que seguirá a tradicional festa infantil de fin de curso con hinchables e escuma.
Ademais, a ANPA contribuíu directamente á celebración do XXV aniversario coa edición dun libro conmemorativo, realizado coa aportación económica do colexio e subvencións do Concello de Redondela, Caixanova e a Fundación Alba Torres. Tiráronse 110 exemplares personalizados coa fotografía en portada de cada un dos alumnos e alumnas do curso 2008-2009, e 65 sen personalizar, que poderá mercar quen o desexe.
Pensamos que o libro reflicte a vida, o espírito e a filosofía que guiou o noso colexio desde os seus inicios, e quixemos facer un agasallo aos nenos e nenas matriculados este curso como un bonito recordo do seu paso por el. Fixémolo con todo o noso cariño e esperamos que o disfrutedes.
¡¡FELICIDADES para todas as familias!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario