jueves, 30 de octubre de 2008

En Novembro, Escola de Familias

Un ano máis, a Concellería de Educación de Redondela organiza as Escolas de Familias, dirixidas a todos os pais e nais con nenos e nenas en idade escolar. Estes encontros están conducidos por unha psicóloga e teñen por obxecto orientar aos pais e nais no seu papel educador, así como darlles ferramentas para afrontar, en cada etapa do desenvolvemento infantil, os problemas de comportamento dos seus nenos e nenas, necesidades afectivas, etc., e mellorar en todo momento as relacións familiares e a comunicación entre pais/nais e fillos/fillas.
A asistencia ás charlas é gratuíta, e contades con servizo de gardería, tamén gratuíto, a cargo dunha profesora de Educación Infantil.

Este ano, as familias do Colexio de Laredo poderán acudir ás Escolas de Familias que se impartirán nos colexios Alexandre Bóveda (Angorén) e Igrexa. Estas son as datas e os horarios:
  • Colexio Alexandre Bóveda (Angorén)............. Días 6, 13 e 20 de Novembro, ás 17 horas.
  • Colexio Igrexa...................................................... Días 6, 13 e 20 de Novembro, ás 19 horas.
Uns días antes do comezo da actividade, a Concellería de Educación enviará, a través do Colexio, as follas de inscrición, aínda que esta tamén pode facerse no primeiro día de actividade.
Para calquera consulta ou dúbida, estes son os teléfonos das psicólogas encargadas da Escola de Familias: 
Fátima Alonso: 986- 47 30 79 (tel. e fax) e 986- 40 16 47 (tel.).
María Moya: 986- 40 34 01 (tel. e fax).

No hay comentarios: