O vindeiro día 25 de novembro celebraranse Eleccións para renovar parcialmente o Consello Escolar, órgano de participación na xestión e control do Colexio dos distintos sectores que constitúen a comunidade educativa (nais/pais, profesorado, Concello e Anpa).
De acordo coa lexislación vixente, este ano toca renovar a tres representantes do profesorado e dous das familias. Un destes é o representante da directiva da Anpa, que será proposto pola propia Anpa. O outro será elixido por votación de todos os pais e nais do alumnado. Animámosvos a presentar a vosa candidatura e a participar nas votacións.
Deste xeito, para elixir ao representante das familias do alumnado no Consello Escolar haberá unha papeleta coa relación de candidatos e entre eles haberá que marcar solamente un nome.
Tedes dereito ao voto todas as familias, nais e pais do alumnado ou, se é o caso, os tutores legais.
Este é o calendario do proceso electoral:
- Constitución da Xunta Electoral: 4 de novembro ás 17:30 horas.
- Exposición pública dos censo: 5 de novembro.
- Reclamacións ao censo: do 5 ao 12 de novembro (ata as 14:00 horas).
- Prazo de presentacións de candidatos: do 5 ao 12 de novembro (ata as 14:00 horas).
- Proclamación de candidatos: 13 de novembro.
- Reclamacións: do 13 ao 17 de novembro.
- Sorteo público para a elección de catro representantes dos pais/nais, cos seus correspondentes suplentes para formar parte da mesa electoral: 18 de novembro ás 17:00 horas na Biblioteca do Colexio.
- Votación e proclamación do candidato electo: 25 de novembro en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas, na Biblioteca do Colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario