lunes, 24 de noviembre de 2008

Conferencia sobre "Actitudes consumistas nas e nos menores"





O Auditorio do Multiusos da Xunqueira, en Redondela, acolle mañá, día 25 de novembro, ás 20:30 horas, unha conferencia sobre "Actitudes consumistas nas e nos menores", a cargo de dous psicólogos e membros do Gabinete de Psicoloxía Karma, Juan Daponte e Manuel Lopo.

A conferencia enmárcase dentro dun ciclo que organiza a Escola de Fútbol Base de Redondela en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais e Igualdade e a Obra Social de Caixa Galicia.

No hay comentarios: